14.1.06

Quen son os separatistas?

O presidente do Tribunal Supremo compara falar catalán con bailar sevillanas
sinalou que se traballase en Cataluña aprendería o seu idioma cooficial "como un enriquecemento persoal, como cando vou a Andalucía e me gustaría bailar sevillanas".
A Xustiza en mans dun facha? todo un presidente do Tribunal Supremo...

...O uso do galego en todo tipo de relacións xurídicas non é só un dereito persoal, senón o dereito cultural natural do pobo galego, que como tal está expresamente protexido pola Constitución no seu artigo 3, ou pola a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, asinada polo Estado español, que di: "Artigo 15.2. Toda comunidade lingüística ten dereito a que as actuacións xudiciais e administrativas, os documentos públicos e privados e os asentos en rexistros públicos realizados na lingua propia do territorio sexan válidos e eficaces e ninguén poida alegar o descoñecemento". A mesma Declaración di no artigo 16: "Todo membro dunha comunidade lingüística ten dereito a se relacionar e a ser atendido na súa lingua polos servizos dos poderes públicos ou das divisións administrativas centrais, territoriais, locais e supraterritoriais aos cales pertence o territorio de onde é propia a lingua."... Consello da Avogacía Galega

1 comentário:

Anónimo disse...

separatistas son eles, que nos tratan como diferentes. Creo que algo así xa o dicía Castelao e esta panda de crentes na Sacrosanta (Unidade da Patria Española, of course) non fan senón demostrar a súa ignorancia e a veracidade desta frase. Unha mágoa...