21.1.06

Outra Igrexa é posíbel?

"...Partidarias da apertura da Curia vaticana son tamén as Asociacións de Igrexa de Base Galegas, entre as que se atopan Somos Igrexa, Irimia, Encrucillada e mais a Coordenadora de Crentes Galegas.
O devandito colectivo urxe, nun comunicado, a reivindicación e lexitimación da participación, responsabilidade e toma de decisións das mulleres nas prácticas, discursos e celebracións da Igrexa,
en pé de igualdade cos homes.
Salientan ademais, a importancia da autonomía da muller no control da súa sexualidade e da súa capacidade reprodutiva. Solicitan o recoñecemento de que a
decisión de levar ou non ó remate un embarazo lles corresponde ás propias mulleres. Piden a comprensión de que "Deus pon no corazón das persoas diferentes orientacións sexuais..." Galicia-Hoxe

"...por sermos crentes en Xesús estamos a favor de que
ningunha crenza teña privilexios sobre outra; comezando pola nosa-; a favor das fórmulas que aseguren que os menos privilexiados (o Evanxeo di simplemente pobres) son os privilexiados no acceso á mellor educación; aínda que se sacrifique o adoutrinamento relixioso -; a favor da radical igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; empezando pola propia Igrexa-, e entre calquera ser humano con independencia da súa condición sexual, étnica ou cultural. Unha voz de apertura, compaixón activa, optimismo e confianza.
O medo dos bispos failles escoller
moi malos compañeiros de viaxe, pero non deberiamos permitir que se transmita á opinión pública a idea perversa de que ser católico é sinónimo de ser integrista ou de que Jiménez Losantos é a encarnación da doutrina social da Igrexa para un novo milenio con perspectivas certamente apocalípticas." Canal Irimia, Vieiros

Sem comentários: