31.1.06
Galácticos de cartón
"raiando ó nivel exibido esta noite durante o que resta de tempada, "entrar en Europa" será coser e cantar. A mesma lóxica, tamén confirma categoricamente, que sufrindo estas agresións arbitrais con mediana frecuencia durante o resto do campeonato, a simple permanencia, rematariase tornando nun feito histórico na historia do clube. " futbolgalego.net
28.1.06
Vai unha de videoclips
Hoppipolla (brincando nos charcos, en islandés ou en vonlenska?)tamén do último album, o Takk de Sigur Ros, este vai adicado aos nosos maiores, coma os da foto do concurso de Aduaneiros.
E os nunca indiferentes Rammstein, videoclip e posta en escea do Keine Lust, ou o Amerika do anterior disco "Reise, Reise".
Se queredes máis videos, premede en Sigur Ros ou en Rammstein. (O meu gosto musical é moi variado si)
27.1.06
A esperanza dun pobo
"...ningún funcionario estatal pode percibir ingresos superiores aos do presidente, neste caso 15.000 bolivianos (menos de 1.800 euros). Os lexisladores perciben mensualmente un equivalente a 3.600 euros, igual que os altos funcionarios de moitas institucións estatais." (La Coz)
En Galiza suporemos que o soldo medio non dista tanto do dos altos cargos coma en Bolivia, e que temos bos profesionais(non enchufados coma antes?) ao servizo d@s cidadáns. Pero o número dos altos cargos íase reducir, non?
O PP esixe a Zapatero e á Caixa que expliquen a perda das reservas de Repsol en Bolivia
"a amizade con Evo Morales debería servir para protexer ás empresas españolas e non para acabar causando perdas ás familias españolas." (PP-Libertad Digital)
cales serán esas perdas ás familias españolas? Poderemos nós facer o mesmo algún día con Fenosa, Endesa...?
Video de Evo en Galiza no 2004
26.1.06
O 26 de Xaneiro de 1986, tal día coma hoxe
Aínda non teño a canción d'O vello e o sapo!!
Dúbida existencial
Amor imposíbel (2º Concurso de Fotografia Anecdótica Galega, Aduaneiros sem Fronteiras)

Mula ou macho, cun burro ou burra
A mula é a femia e o macho o de sexo oposto, ámbolos dous poden ser resultado do cruce dun cabalo cunha burra ou dun burro cunha egua. A mula e o macho son sempre estériles? De non selo con quen se poden cruzar?
23.1.06
A canción máis parodiada?
Pois dende eiquí anímovos a que tamén fagades unha parodia do "My Humps"(o meu traseiro), se galeguizades a letra e vos dades palmadas nas nádegas dicindo "xamón, xamón, xamón" en troques de "my humps, my humps, my humps" penduradeo na rede e avisade. As Garotas da ribeira serían capaces diso e máis.
Noraboa campión
O Lobelle gaña a Copa de fútbol sala
E o Celta volve á carga, 33 pontos ao igual co Depor, a ver en Balaídos se repite o do Bernabeu e se pon por riba do Florentino Team.
21.1.06
Outra Igrexa é posíbel?
O devandito colectivo urxe, nun comunicado, a reivindicación e lexitimación da participación, responsabilidade e toma de decisións das mulleres nas prácticas, discursos e celebracións da Igrexa, en pé de igualdade cos homes.
Salientan ademais, a importancia da autonomía da muller no control da súa sexualidade e da súa capacidade reprodutiva. Solicitan o recoñecemento de que a decisión de levar ou non ó remate un embarazo lles corresponde ás propias mulleres. Piden a comprensión de que "Deus pon no corazón das persoas diferentes orientacións sexuais..." Galicia-Hoxe
"...por sermos crentes en Xesús estamos a favor de que ningunha crenza teña privilexios sobre outra; comezando pola nosa-; a favor das fórmulas que aseguren que os menos privilexiados (o Evanxeo di simplemente pobres) son os privilexiados no acceso á mellor educación; aínda que se sacrifique o adoutrinamento relixioso -; a favor da radical igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; empezando pola propia Igrexa-, e entre calquera ser humano con independencia da súa condición sexual, étnica ou cultural. Unha voz de apertura, compaixón activa, optimismo e confianza.
O medo dos bispos failles escoller moi malos compañeiros de viaxe, pero non deberiamos permitir que se transmita á opinión pública a idea perversa de que ser católico é sinónimo de ser integrista ou de que Jiménez Losantos é a encarnación da doutrina social da Igrexa para un novo milenio con perspectivas certamente apocalípticas." Canal Irimia, Vieiros
19.1.06
Botelo de resaca
E a conto de que falo disto? Lin isto e veume á cabeza
FESTA GASTRONÓMICA
Homenaxe da Festa do Botelo a Dora Fernández, a cociñeira do Avenida
[18/01/2006 12:38] Este sábado no Barco daranse cita máis de oitocentas persoas para degustar o botelo, embutido de culto nas terras de Valdeorras, nun grande xantar que terá lugar no pavillón do colexio Condesa de Fenosa. Un rato antes Luís Trincado Bobille lerá o pregón da festa, que vai pola VI edición, e farase entrega da Mención de Honra a Dora Fernández Gago, cociñeira do desaparecido restaurante Avenida. Aos actos asistirá o conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal. Vieiros, Edición Valdeorras
18.1.06
"Galego de seu" World Chart
Con retraso, pero eiquí vai o último que ouvín no 2005. Coma sempre, a lista é dos discos que recomendo co tema que máis me gostou nese momento.
(Tema, Intérprete-Disco)
Cientos de mentiras, Deluxe-Los jovenes mueren antes de tiempo
Godspell, The Cardigans-Super Extra Gravity
Three or Four, The New Pornographers-Twin Cinema
Beautiful boyz, Cocoroise-Noah's ark
Glorietas, Refree-Lamatrona
It's over, It's nothing, The Russian Futurists-Our Thickness
Tamén recomendo as paisaxes sonoras de Boards of Canada no seu The Campfire Headphase, ou últimos descubrimentos coma o psicótico Juxtaposition de Radian(non ouvir baixo depresión) e un dos mellores discos do 2005, Illinois de Sufjan Stevens (coñecino no blog de Pawley).
Os 25 mellores do 2005 en Muzikalia, por se se nos pasou algún, aínda que a lista e a orde non a comparto moito.

16.1.06
Extremadura nun mundo paralelo
15.1.06
14.1.06
Quen son os separatistas?
sinalou que se traballase en Cataluña aprendería o seu idioma cooficial "como un enriquecemento persoal, como cando vou a Andalucía e me gustaría bailar sevillanas".
A Xustiza en mans dun facha? todo un presidente do Tribunal Supremo...
...O uso do galego en todo tipo de relacións xurídicas non é só un dereito persoal, senón o dereito cultural natural do pobo galego, que como tal está expresamente protexido pola Constitución no seu artigo 3, ou pola a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, asinada polo Estado español, que di: "Artigo 15.2. Toda comunidade lingüística ten dereito a que as actuacións xudiciais e administrativas, os documentos públicos e privados e os asentos en rexistros públicos realizados na lingua propia do territorio sexan válidos e eficaces e ninguén poida alegar o descoñecemento". A mesma Declaración di no artigo 16: "Todo membro dunha comunidade lingüística ten dereito a se relacionar e a ser atendido na súa lingua polos servizos dos poderes públicos ou das divisións administrativas centrais, territoriais, locais e supraterritoriais aos cales pertence o territorio de onde é propia a lingua."... Consello da Avogacía Galega
12.1.06
10.1.06
Mal camiño
"Temos que lle pór fin ao despilfarro do PP, temos por obxectivo suprimir máis de 1000 altos cargos, o que implicaría un aforro de 90 millóns de euros anuais" Quintana 23 Maio 05
"A nova Xunta de Galicia gobernada por PSdeG e BNG reduciu o número de altos cargos dos 144 da anterior administración do PPdeG ós 140 actuais, aínda que o gasto en persoal eventual de gabinete subiu un 20%, unha porcentaxe moi superior ó 9,04% de incremento do orzamento total respecto de 2005."
"os recentemente aprobados orzamentos autonómicos para 2006 destina ós salarios de altos cargos e delegados elévase a 10.786.574 euros, mentres que a partida para este efecto no 2005 foi de 10.467.537 euros. O incremento do 3,04% é tres veces inferior á suba de 9,04% do orzamento total da Xunta, polo que se pode concluír que se diminuíu o gasto en altos cargos." Galicia-Hoxe
"Un caso paradigmático é o da Dirección Xeral de Xuventude, en mans do nacionalista Rubén Cela, que mantén como subdirectores xenerais a un militante do PP e activo membro na campaña congresual a favor de Núñez Feijoo e a outro estreito colaborador da ex conselleira Pilar Rojo." A Coz
Os galegos precisamos algunha explicación por parte do bipartito
Artigo de opiniom a respeito das demissons na direcçom de ADEGA
A ALTERNATIVA
A FPG preséntalle ao bipartito unha Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galicia

Que ben esa bandeira
GALIZA, PRIMEIRA NO MEDALLEIRO DOS CAMPIONATOS ESTATAIS
Once metais para o ciclocrós galego

Tamén vira na TVG a unha ciclista coa mesma bandeira, conscientes do seu senso? os tempos van chegando? Selecións galegas oficiais xa!!
Actualizado 12-1-06, a foto da campiona de España xunior
Actualizado 12-1-06, a foto da campiona de España xunior
7.1.06
Protocolo?
5.1.06
Máis do Galiza-Uruguay
No You Tube colgaron uns videos(a onda de iarrovawo entre outros) e en Vieiros os 3 goles cantados na Radio Galega. As ligazóns do You Tube tamén poden levarche a videos moi freaks, "fotos varias por La Coruña", un dos videos dunhas xóvenciñas adolescentes de Pontevedra, supoñoo polo acento ou erro? Invitáronvos algunha vez a un cumpreanos duns furóns?
Esquecíaseme pegarvos isto: Michel Salgado, todo un símbolo para los gallegos, entró en el minuto 21 por Otero y provocó el delirio en las gradas. El público se entregó a él. Diario Marca, no día seguinte ao partido. De confundir para quen ían os aplausos a converternos ao d'As Neves nun George Weah galego, pero por que sería un símbolo para os galegos según os do Marca?, polo que cobra? por xogar no Real Madrid? por vivir en Madrid? por casar ca filla de Lorenzo Sanz?...

Chalanas con gueada e reintegración
A foto foi tomada en Portonovo(capital da troula galega no verán) por Enrique Dans, coruñés que entre outras cousas escribe en Libertad Digital, aínda que non para falar do mesmo ca viguesa Cristina Losada, Losantos, César Vidal, Pío Moa... estes dous últimos era o que nos faltaba, que foran galegos tamén, digoo polos apelidos. Enrique Dans, coma tantos galegos comezan a valorar as pequenas cousas cando volven a súa terra, percataranse das máis grandes e importantes? Polo barrantes titulou en galego un artigo na súa coñecida blogue e respetou a toponimia orixinal e oficial da nosa terra, volverá escribir La Coruña?
2.1.06
Torneo Galeusca
Ou das Tres Nacións, ou das tres nacionalidades históricas(para os constitución españolistas)
Como lin por ahí, non somos poucos os que o pensamos, podería xogarse no verán, un torneo disputado na mesma cidade de Galiza, Euskadi ou Catalunya. Neste torneo o protagonismo sería das futuras estrelas, da canteira, e convocaríanse aos xogadores de fútbol como nas olimpiadas, todos sub 23 pero coa posibilidade de ter até 3 xogadores de maior idade.

Agardo ver neste 2006 os pasos para conquerir o equipo ciclista galego no 2007, e outros para que os deportistas galegos que o desexen poidan competir coma galegos, seica no piragüismo e no triatlon xa o poderían facer agora mesmo. Os deportistas non deberían ser relegados das axudas e becas estatais, oficialmente seguen sendo españois e non poden ser marxinados por un dereito fundamental, exercer coma galegos. Penso que deberían ser moitas as empresas, sobor de todo as relacionadas co turismo as interesadas en patrocinar a estes deportistas galegos internacionais. De que se coñece ás Illas Feroe? cantos saben que son danesas?
No seedler.org, procurador de archivos torrent(o único dispoñíbel en galego?) xa podemos baixar o Galiza-Uruguay.
No seedler.org, procurador de archivos torrent(o único dispoñíbel en galego?) xa podemos baixar o Galiza-Uruguay.
Subscrever:
Mensagens (Atom)