"Somos España", velaí o lema do PP xurdido das "Nuevas Generaciones" para o 12 de Outubro. E que mellor proba de que Galiza non é España que o cartaz pretendido en galego. A nosa casa, a nosa Nación é Galiza e a nosa xente é o pobo galego, que non ten nada que festexar o 12 de Outubro. Con outro cartaz xustifican os FrFr(freaks franquistas) noutra recente e descoñecida asociación, a falta que fai o mínimo do 50% das materias en galego. Os galegos entendémonos pailáns!! Seica, o COE e a SGAE inician o camiño para pór letra ao himno nacional. Pois eu xa atopei unha que me gosta
Por que entón non se pon un límite as vivendas adquiridas por persoa(ou parella) nunha cidade? Por que non se lles obriga(multándoos) a alquilar(fixándolles un prezo máx.) aos propietarios de "x" pisos(senón os están cobrando xa en negro)? En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?
Agardo que o mínimo lóxico sexa poder renunciar a cobralo plus e que isto sexa de obrigado cumprimento nos ex altos cargos do Bloque. Sería unha controversia, posto que foi unha emenda coa que os nacionalistas non estiveron de acordo A ver como reaccionarían despois o PP e o PSOE, se o BNG lle demostra a sociedade que eles si "son diferentes".
Tamén dubido da capacidade dun cativo de idade menor ou igual a 3 anos para aprender o hino e menos para comprendelo. Hainos maiorciños que din que insulta aos que non entenden o galego, a todo o mundo menos á lusofonía?... Hai que ser iñorante, e féridos e duros, imbéciles e escuros. Tampouco son partidario de ter que aprendelo como obriga xeral no ensino, si de que un mestre de galego de forma particular lle obrigue a aprendelo hino ou o poema d'Os Pinos, como a min me fixeron coa "Canción del pirata"(con diez cañones por banda...). Si a que se coñezan os Símbolos de Galicia ou a que se cante o hino en actos sinalados(Día das Letras Galegas, ao inagurar o novo curso escolar... ) de memoria ou léndoo. Cando sexan políticos, galegos comprometidos... xa darán exemplo de que o saben. Ou a que un mestre de historia, galego ou castelán, lles amose a definición de nación polos dicionarios da RAG e a RAE e lles abra a xanela para que vexan ou non a nación galega. Aínda que para min chegue con ver que nun territorio hai unha xente que fala maioritariamente un idioma que crearon e evolucionaron eles mesmos, sen ter sido este idioma imposto. Hai algo que une a un pobo nun territorio. A que lles faleda participación de Galiza no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. A que lles amose Galiza, a que lles aprenda a respectala, a disfrutala e a compartila.
Tampouco me gosta falar de galeguizar apelidos(de forma voluntaria), cando do que se trata é de des-castelanizar apelidos galegos. Ou o de chamarlle ás escolas infantís normais en Galiza, galescolas. E o que menos me gosta, que ao que eu votei se lle contaxie a demagoxia "para o PP o himno galego é igual que un eructo". Somos diferentes, sodes diferentes Quintana!! Coma se nos fixera falta...
Á Guerra do Iraque para saír nos libros de historia á beira de Felipe II(S.XVI) "- Volvería apoiar a invasión a Iraq? - É a primeira a vez que España desde o século XVIII estaba no centro dos asuntos mundiais, e estar entre os dez máis importantes é mellor que estar entre os dous países máis marxinais." Aznar no semanario arxentino Perfil Atopado en Periodismo Incendiario