Vaia dende eiquí a miña máis sincera solidariedade cos cen mil euristas...
Os copia e pega, son de dous novos coñecidos, xornalistas galegos. A web de Espe xurde entre o autor de Periodismo Incendiairo e os seus visitantes. Se "La Presidenta" rexeitara a recaudación repartiríase a partes iguais entre a Asociación de Víctimas do 11-M e Attac-España.
Na páxina da Rede de Información Xuvenil, dependente da Vicepresidencia de Anxo Quintana(menos mal que isto na radio xa non o volvín ouvir), promociónanse as Forzas Armadas(ver cadro "Areas de información"). Podo chegar a comprender que na Radio Galega paguen a publicidade(porque a pagarán digo eu). Máis en GalizaLivre.org
Núñez Feijóo, cecais contaxiado co alzheimer do ex-ministro franquista Fraga esquécese dos 16 anos na Xunta, e dos 8 no goberno estatal do seu partido. E exclama: "Que les expliquen porqué un nieto o un hijo que tiene derecho a la nacionalidad española no la puede tener y si la pueden tener los africanos del norte(lease moro), los europeos del este(lease rumano) o cualquiera que no tenga sangre española"
A solución é sinxela, todo aquel, que tendo apelido español(Castro, Chávez, Morales...) ou presentando unha mostra de sangue con D.O. española non obteña a nacionalidade, obte pola segunda vía de dicir simplemente que non ten sangue español, obterá de modo ipso facto a tan prezada nacionalidade... Ogallá os inmigrantes, por exemplo, os máis de 400.000 ecuatoriáns que sosteñen boa parte da calidade de vida dos madrileños, a través dos seus traballos precarios, ademáis de papeis tamén tiveran a nacionalidade española para poder votar. Aí si que fan falla uns Ciudadanos.
Triste país o noso, un artigo cunha trascendencia máis ampla e profunda que a equiparación do galego co castelán en dereitos e deberes e a defensa da súa proxeción internacional. E por outra parte, pouco podemos agardar de quen prefire abrazarse ao ex-ministro franquista antes que de estar orgulloso do seu avó. ¡Viva Rajoy!, outro gran artigo, dista de Manuel Rivas. O artigo de Miguel Anxo Fernán-Vello lembroume a fábula que atopara na Guía dos peixes de Galicia(ed.Galaxia) SOLLO REI, Acipenser sturio, Linnaeus, Esturión "En Galicia foi antano tan abundante que no Miño, por tomar un exemplo, chegouse a usala súa carne como abono, e os seus ovos, que hoxe constitúen o prezado caviar, como comida para os porcos. Hoxe practicamente está extinguido dos nosos ríos"