Mostrar mensagens com a etiqueta palestina. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta palestina. Mostrar todas as mensagens

18.1.09

E se é á túa filla á que violan?

E se matan a alguén da túa familia... estarías ou non a favor da pena de morte?

Este é o razoamento demagóxico que aplican os que defenden nestes días a guerra do estado de Israel en Gaza. Imaxínate que desde Portugal estivérannos mandando mísiles e bla bla bla..., mapas que visualizan Gaza e Israel onde ti vives.

Estarei equivocado que non ser parte axuda á obxectividade? Se penso que a un xuíz non lle fai falta que lle violen a unha filla para xulgar unha agresión sexual, ou que para arbitrar un partido mellor non ser seareiro dunha das equipas?

E estes pro-guerra, porque non imaxinan que coa escusa de combater uns terroristas, todos os seus veciños, todo o seu pobo cobrase por eles unha guerra, unha choiva de bombas. Cunha vinganza de 13 asasinados por terroristas, a 1200 polo exército dun estado. Despois de vivir deportado, asediado, en campos de refuxiados... grazas ao mesmo estado.
E que che conten: é o que ten unha guerra, temos que defendernos, danos colaterais, inevitábeis, matanzas peores hai en África...
Valeríalles?

Hoxe leo un artigo do presidente da AGAI, o Sr. Pedro Gómez-Valadés, titúlase "Gaza e Perejil".(Por certo, botárono do Bloque ou non? porque non lembro xa as veces que lin que o ían botar, e o protagonismo e vitimismo que sacaba diso. Vaia agasallo lle fixeron ou lle farían)
Este bloqueiro, ou ex-bloqueiro, en todo caso nacionalista galego de esquerdas(estaba ou está en Esquerda Nacionalista), deféndenos e fai o paralelismo partindo da surrealista acción militar aznariana epopeada por Trillo, da reconquista dun illote accesíbel desde Marrocos con marea baixa(imaxinará el unha Toralla francesa ou portuguesa? e que pintan unha Ceuta e Melilla española ou un Xibraltar inglés?)
Dúas citas:
"¿Imaxina o lector cal sería a demanda cidadá, se no canto dunha campestre invasión marroquí de Perejil estiveramos a falar dun constante e indiscriminado ataque con mísiles desde territorio alauíta sobre Alxeciras ou Cádiz?"

"¿Que lectura podemos tirar diste selectivo exercicio da solidariedade? ¿Por que algúns só exercen o seu espírito solidario cando o demonizado é Israel? Isto, ao meu ver, réstalle credibilidade ás súas protestas."

Eu non me sinto aludido, eu condeno até os independentistas galegos que fan pintadas. Pero claro, a credibilidade é a do que ve antisemitismo en todo mundo como explicación da suposta pasividade internacional en Grozni, Xeorxia, Darfur...(exemplos que cita no artigo) en comparación coas condenas que se fan ao goberno de Israel. Deberíamos calar e tragar coas súas matanzas, porque hai gobernos peores cos de Israel e a ver como respostaríamos nós... Máis lle valería estar calados, ao mellor vai ser esa a explicación do "selectivo exercicio da solidariedade".

O mapa de Vigo con Gaza é da web de AGAI. O artigo titúlase "Gaza e o Prestige"...

O contador de cadaleitos pódese seguir aquí

21.2.07

Por que non?

Por que non van poder algúns militantes do BNG ser máis críticos cos palestinos que cos israelís? Comprendería que os expulsaran se apoiasen á política imperialista dos USA, tódalas medidas do goberno israelí ou lle negasen a Palestina o seu estado.
Pode un rabino de Viena facelo contrario e non pode Gómez-Valadés(
responsábel da Comisión de Cultura e Lingua na comarca de Vigo) presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel?
Quere imitar a UPG ás escolas xudaicas de Austria que expulsaron aos fillos deste rabino por participar nunha conferencia no Irán?
Pode Esquerda Nacionalista criticar á UPG, defender unha postura sen demagoxias baratas?
No último Consello Nacional o Encontro Irmandiño acadou o 17%, A Alternativa o 11%.

Pedro Gómez-Valadés n'A Entrevista d'A Galega(tamén deixa as súas pérolas)
Presentación da AGAI no YouTube

"en ningún outro lado me recibiron con tanta hospitalidade como en Palestina" Nadal en Belén, blogue en "El Correo Gallego"da viaxe de Lucía Cheda ca "Sinfonía de Mulleres pola Paz en Palestina"
Actualizado 24-II-07
Pedro Gómez-Valadés entrevistado polo racista e homófobo de César Vidal no seu programa "La Linterna" da COPE, o martes 20 de Febreiro. A partir do minuto 26:25
"Don Pedro" e os "amigos de Israel" poderían buscarse mellores e menos contraditorias compañas.