20.6.05

ai ai ai

A participación

O primeiro factor influinte nestas elecións foi a abstención. Que só aumentara nun 3'9 % a participación volvéndose presentar Fraga con 82 anos, despois do Prestige, o goberno de Aznar e a súa guerra, e sobor de todo despois de 16 anos da "Peste Fraga"...
Por que?
O optimismo do PSOE que xa daba por feito o cambio, o día de praia, os xóvenes de exámenes... a realidade é, que non foron moitos os que viron a necesidade de moverse polo cambio.
Os resultados cunha maior particiapción terían concordado cas enquisas.

As tres campañas

A campaña do PP, atar votos e meter medo. Carretaxe, merca de votos(empanada, romerías, festas...), propaganda(RTVG, medios afíns e subvencionados, "actos" e propaganda da Xunta...), acochar a Fraga detrás de Rajoy e Núñez Feijoo, rodealo de adolescentes. Meter medo, falar de ETA ou do EGPGC, comparar o BNG con ERC ou ata con Batasuna, demonizalo falando da UPG, Ibarretxe, Carod Rovira...Rajoy, ese "galego" salavador que chegou de Madrid.
En resumo, deixar claro que "mellor malo coñecido que bo por coñecer".

A campaña do PSOE, gobernamos seguro, canto menos BNG mellor. Efecto ZP, goberno español do PSOE, o desgaste do PPdG, a idade de Fraga. Medios de comunicación afíns ou estatais. Máis preocupado de superar amplamente ao BNG que de que o PP perdese a maioría. A campaña de agardar sentado.

A campaña do BNG, a mellor pero a tapada. Os erros estarían en cousas mellorabeis, a popularidade de Quintana, a visualización do BNG coma o partido galego e o partido para os galegos. A falta dun referente identificativo para a maioría social galega, todos queremos UN PAÍS NOVO, pero Galiza é un país de vellos. Beiras segue a ser un gran referente para tódalas idades. E aínda que a renovación era necesaria e acertouse, no tema Beiras tódalas partes son culpabeis. Non creo que se perdera un número de votos sustancias por isto, a dúbida ca que me quedo é, de como cambiarían as tornas se Quintana obrigara a Touriño a mudar de campaña se non quería entrar el na do BNG. A participación afín tería aumentado, os votantes do PP diminuido e unha maior nivelación BNG-PSdeG.

E ollo

Se o PP consegue o 38, sería a segunda vez que por culpa do PSOE volve gañar Fraga dunha maneira bastante escura. A primeira no 1989 por non reclamar co BNG aquel diputado por Ourense e agora por negar a petición do BNG no control do voto na diáspora.

Sem comentários: