Unha gran festa si, ambientazo dende o primeiro segundo. Nas bancadas había dende moz@s a matrimonios cos seus fillos e até xubilados, e iso vino no Fondo Norte... Nunca vin unha afeción igual, nen uns xogadores tan motivados. Un símil do que os galegos podemos conquerir xuntos.
Tiveron que pasar 69 anos para poder VOLVER VER a NOSA SELECIÓN, co bipartito chegou a transición. Gañou Galiza e os galegos de San Lázaro puidemos vivir por primeira vez as nosas cores.
Do xogo pouco podíamos seguir dende onde estabamos, aos xogadores nen aos de máis nome era fácil recoñecer, aínda así a motivación dos xogadores é de agradecer, a compenetración e as xogadas non eran normais para uns futbolistas que nunca xogaran xuntos. Reivindicaron a súa valía e Cabanas tamén a súa galeguidade, un símbolo para a diáspora, sorte no mundial!!. Aos xogadores só poderemos pedirlle a mesma ilusión coa que xogaron, a conciencia de pobo vai á par do resto dos galegos. Agardo poder ver pronto o partido na tv, da outra metade do campo non vimos moito.
Lin nalgún xornal, o receo dalgúns pepeiros por ver tanta bandeira nacionalista, e quen crían que eran os máis interesados pola nosa seleción? os que nola negaron? Seica lles gosta máis co escudo do Reino de Galiza... Tampouco entendo a ese par de galegos que levan a bandeira de Portugal ou Euskadi, se son portugueses e vascos mostrando o seu apoio si, pero dubidoo moito. O speaker sobraba, de feito nós non chegabamos a ouvilo e cantabamos o que surxía, tamén me fixo graza o "español el que no bote" en castelán si, dalgún.
Así vin a noite, unha festa total, fúmonos moito máis ledos do que nunca imaxinamos, GRAZAS A TOD@s!!
Fotos: Vieiros, Xurxo Lobato . Homenaxe a Nacho . Videos: do partido , Capítulo XIII da serie documental “Historia do Fútbol Galego”
Na foto da esquerda saímos 6(4 estaban en preferencia).
Os timbais non son de Carlinhos Brown pero case, uns profesionais(de Ourense?) póndolle ritmo ao partido.
FELIZ ANINOVO A TOD@S !!