13.10.06

Cando a resposta pode verse



Grupo Correo Gallego

Artigos de opinión do 5/X/06
El giro hacia Coalición Galega. Luís Pérez, redactor xefe de "El Correo Gallego"
Os dous camiños de Anxo Quintana. Caetano Díaz, Director do Galicia Hoxe
Portadas dos mesmos xornais o 11/X/06
http://img153.imageshack.us/img153/152/ecgfo1.pnghttp://img153.imageshack.us/img153/3097/ghvu0.png

4.10.06

A proposta de Quintana

"La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las NACIONALIDADES y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas." (Constitución Española)

"Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ó seu autogoberno, de conformidade coa Constitución Española e co presente Estatuto, que é a súa norma institucional básica." (Estatuto galego actual)

“A tradición e o sentimento galeguista que nos unen como pobo e o Parlamento que nos representa como cidadáns definen a Galicia como unha nación. A constitución española no seu artigo 2 recoñece o carácter nacional de Galicia como nacionalidade histórica”
(Proposta de Quintana para o Preámbulo)

A oferta foi recollida por Feijóo na súa segunda intervención quen dixo que aceptaría esta acepción (case calcada a do Estatut) se o Tribunal Constitucional rexeita o recurso interposto polo PP contra o texto catalán. "Se así é non teña dúbida que aceptarei porque estará dentro da Constitución", sinalou. GaliciaConfidencial.com

“A tradición e o sentimento galeguista que nos unen como pobo e o Parlamento que nos representa como cidadáns definen a Galiza como unha nación. A constitución española no seu artigo 2 recoñece o carácter nacional de Galicia como nacionalidade” (Proposta mellorada)

O uso dos termos "Galiza" e "Galicia" ten que ser canto menos recoñecido institucionalmente de forma igualitaria e de emprego libre. O adxetivo de "histórica" engadido á verba "nacionalidade" a parte de non vir na constitución, pode darlle un senso limitado á existencia da nación galega no tempo.

De engadir algo, nomearía ás outras nacións sen estado(Euskadi e Catalunya), non para sermos a 1ª División, para definir dunha vez as 3 nacións sen estado, e que pola súa identidade precisan dunhas competencias propias e dunha representatividade internacional.

2.9.06

De volta

E non por estar fora ou "off line", non me movín da beira sur da Ría de Vigo...
Tiven menos tempo para postear e menos gañas de comunicar cousas, non obstante, teño nos favoritos un feixe de ligazóns, incluído un bo recopilata referido ao inferno que nos asolou.
Hoxe, non sei porqué, "La Coz", unha vez máis, e iso que tamén lle boto unha ollada a "El Correo Anti-Gallego", tróuxome de novo.

"Galicia siempre había olido a salitre y pescado, al verde de sus prados, a abono y ganado; tal vez a lluvia. Un aroma tranquilo alejado del avance de los tiempos. Sin embargo, hay datos capaces de enterrar esa imagen. Uno de ellos habla de móviles."


O tal "
Javier Presas" non podería comprobar o nivel de cobertura do seu telemóbel 3G dentro do seu intestino groso?

JPRESAS POLITONTO, SMS al 2350. La penetración tecnológica gallega está en juego...

5.7.06

Barreiro Rivas, O Moderno*

Barreiro Rivas valora a desaparición da retranca* como signo de modernidade
Coma signo de modernidade, o bo de Xosé Luis podería falar un galego normativo, sen castelanismos, no seu programa da TVG
(en La Coz obrigaranlle ao castelán...).
A retranca claro que non se concibe nalgúns contextos, nen para soltarlle unha indirecta ao que non colle unha.
A retranca hoxe non se emprega para falar do que non se sabe, a retranca é simplemente o noso humor máis característico.

Exemplo propio, diálogo entre un veciño e eu cando volvía de carallada:
-Madrugaches hoxe eh?
-Si, veño da misa.


retrancas.f. Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di. Contesta sempre con retranca cando se meten con ela. CF. ironía.

Coller un dicionario tamén é signo de modernidade.