4.9.07

As diferenzas entre Feijóo e Rajoy... o hino e as galescolas

N.Feijóo: á idade en que os nenos son aceptados nas garderías, os tres meses, teñen que ocuparse basicamente de dúas cousas: «de tomar o biberón e de aprender a eructar»
M.Rajoy:
"sábeo até un neno pequeno: os terroristas só teñen unha posibilidade de gañar e é que alguén negocie os seus obxectivos políticos a cambio de que eles deixen de matar"

Agora quédome coa dúbida da idade mental de Jose Mari no 98, cando iso do
"Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)". Ao mellor xa lle daba á botella daquela...

Tamén dubido da capacidade dun cativo de idade menor ou igual a 3 anos para aprender o hino e menos para comprendelo. Hainos maiorciños que din que insulta aos que non entenden o galego, a todo o mundo menos á lusofonía?... Hai que ser iñorante, e féridos e duros, imbéciles e escuros.
Tampouco son partidario de ter que aprendelo como obriga xeral no ensino, si de que un mestre de galego de forma particular lle obrigue a aprendelo hino ou o poema d'Os Pinos, como a min me fixeron coa "Canción del pirata"(con diez cañones por banda...). Si a que se coñezan os Símbolos de Galicia ou a que se cante o hino en actos sinalados(Día das Letras Galegas, ao inagurar o novo curso escolar... ) de memoria ou léndoo. Cando sexan políticos, galegos comprometidos... xa darán exemplo de que o saben.
Ou a que un mestre de historia, galego ou castelán, lles amose a definición de nación polos dicionarios da RAG e a RAE e lles abra a xanela para que vexan ou non a nación galega. Aínda que para min chegue con ver que nun territorio hai unha xente que fala maioritariamente un idioma que crearon e evolucionaron eles mesmos, sen ter sido este idioma imposto. Hai algo que une a un pobo nun territorio.
A que lles fale da
participación de Galiza no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. A que lles amose Galiza, a que lles aprenda a respectala, a disfrutala e a compartila.

Tampouco me gosta falar de galeguizar apelidos(de forma voluntaria), cando do que se trata é de des-castelanizar apelidos galegos. Ou o de chamarlle ás escolas infantís normais en Galiza, galescolas. E o que menos me gosta, que ao que eu votei se lle contaxie a demagoxia
"para o PP o himno galego é igual que un eructo". Somos diferentes, sodes diferentes Quintana!! Coma se nos fixera falta...

20.8.07

Baiona - Illas Cíes

Nen morrín nen finiquitei a blogue, estou off line e grazas a Chuza! sen gañas de postear. Aproveito para compartir unhas fotos.

Por certo, é unha impresión miña ou este ano viñeron máis portugueses ca nunca. Sempre houbo en Baiona tanto pixo madrileño?

5.6.07

Confirmado!!

Á Guerra do Iraque para saír nos libros de historia á beira de Felipe II(S.XVI)

"- Volvería apoiar a invasión a Iraq?
- É a primeira a vez que España desde o século XVIII estaba no centro dos asuntos mundiais, e estar entre os dez máis importantes é mellor que estar entre os dous países máis marxinais." Aznar no semanario arxentino Perfil
Atopado en Periodismo Incendiario

30.5.07

Menos mal...

Botámola dama del Olivo, estrella de perfil moderno, da alcaldía(e ao "galeguista" Soto do concello).
Teremos de alcalde ao "Fernando Alonso de Galicia", o BNG e Santi Domínguez tamén formarán parte do goberno vigués. E o "rookie" Hamilton, xa leva os mesmos puntos co seu compañeiro en McLaren...
A pesar de que nas cidades coma Vigo ou Pontevedra, haxa xente(coma no rural) que ten cun concepto de modernidade que mete medo, o BNG ten en Galiza un punto de inflexión e comeza a gañar votos.