- Candidato nº1, Feijóo segue agasallándonos con boas pérolas, non podía ser doutra forma sendo o sucesor de D.Manuel. "Sempre ocurriu* , mandan os que teñen as forzas de seguridá* " E é que tendo de referente demócrata ao Fraga ex-ministro franquista de "la calle es mía" ou ao Fraga ex-presidente da Xunta de "que entren los antidisturbios", pois até é normal. Tamén lle colleu gosto ás fotos. - Candidato nº2, Touriño, o actual presidente da Xunta refírese ao candidato á alcaldía de Vigo, Abel Caballero, coma "O Fernando Alonso de Galicia, ese Abel!!" Debe ser polo fume, que non bota pero vende o Sr Caballero...
- O Primeiro Candidato, o ex-ministro e ex-presidente volve a súa terra para "axudar" na campaña electoral do seu partido. E aos 84 anos cos que "estaría" "gobernando" na Xuntaédifícilcambiar... "a Sra Royal, que o único mérito, ter catro fillos ilexítimos"
Concurso e competidores que propoño na miña blogue, aberto a recibir máis frases, vídeos, fotos... e candidatos de tódolos partidos que se presentan en Galiza(xa sei que fora teñen a Camps, Aznar, Rajoy.... ). E aberto ás votacións nos comentarios.
Tamén recomendo a opinión de Gabilondo ao respecto Actualizado, Unha biografía(afín) presenta a Aznar como un tolo do volante con moitas multas "Tras o programa de TVE, Rajoy foi preguntado en Granada de novo polo seu soldo e explicou que sempre mira a súa conta bancaria a final de mes porque o necesita «e moitísimo», á vez que recordou que a súa muller tamén traballa e que el ten «os problemas que teñen todos os cidadáns» coas súas finanzas. Hoxe, finalmente, Rajoy accedeu a desvelar a incógnita e explicou que cobra «3.000 euros como deputado por Madrid e 5.000 máis» que lle paga de complemento o Partido Popular."->
Escolma da alcaldesa que fai honor ao seu apelido "Cada un deles sairá por 2.700 euros, o que fai que a decisión de sementar as vías de palmeiras salga por 540.000 euros, case 90 millóns das antigas pesetas." "os asentos de pedra foron finalmente substituídos por xardineiras de granito Vermello Altamira, unha roca de alto custo, moi superior ao dos granitos galegos,"->
"Porque cando aquí nos poñan os chineses unha industria con catro pesos, e a nosa industria se véxa castigada, nós debemos ser o suficientemente estrategas para desenvolver as nosas posibilidades. Estamos sacándolle todo o rendemento á cidade. ¿Con macetas? Pois si. Nesta cidade fai falta moita máis política de macetas."->
"-Acabamos, ¿a que adica o tempo libre? -Apaixóname a natureza. Son experta en céspedes e entendida en árbores."->
Publicidade institucional dentro da campaña electoral da mesma alcaldesa A xunta electoral require a Porro para que cese o envío de cartas sobre os logros do seu goberno -> Esta foto fíxena dende o coche, a cor laranxa deses recentes cartaces do suposto Plan Coia, só é unha coincidencia...
Recollo a testemuña de Fer, e paso a confeccionar a miña listaxe de música para facelo. Para foder acéndese a radio ou tv a todo volume, ou póñenche un cd cos últimos éxitos dos "40 principales" para que non escoiten @s compañeir@s do piso. Cecais pola miña educación cristián só empregue o termo foder para falar das "batallitas", ou con esas amigas coas que non me vendo e non me fai falla facer paripés. Imponme que unha rapaza me fale directamente de foder ou "follar", prexuízos de promiscuidade e hipocrisía á vez, é o que hai... Indo ao tema, a iniciativa xurde de Mariademallou e Gustavo Harvey, coma unha escolma de cinco temas e a ser posíbel co seu YouTube. Para isto considero máis acertada a proposta de 5 LP'S de CCCP, e coma bo atravesado que son, a min dáme por deixar 5 artistas ou grupos recomendábeis como banda sonora na cama. Os temas son representativos e non seguen nengunha orde de preferencia Un clásico, e un "sex symbol" inmortal 1.- The Doors, "Light my fire" Bo gosto o daquela rapaza. Do mellorciño para eses "momentos" 2.- Portishead, "Glory Box"
Todos os que saian eiquí ou acó están invitados a achegarnos as súas preferencias
Actualizado De todo o que ouvín(e se contar os meus), quédome con 3, o tipiquísimo Je t'aime(que só me pareceu velo nunha blogue e noutra versionado), o máis posteado:Sexual Healing e o Is This Love de Bob Marley. Que pouco Reggae vin e co ben que pega... E engado outra miña dun recopilatorio de Jazz, Body And Soul de Coleman Hawkins.