Esperanza ou decepción? Mañá se podo, dou a miña opinión que coincide co "Penso que despois destas eleccións hai unha sólida maioría nacionalista que debe gobernar" de Quintana, ao igual que nas anteriores elecións. Hoxe copio e pego. Ollo á foto de Artur Mas escollida por "La Razón". Hai un xornalismo que se descalifica a si mesmo, só vale para hooligans. (El Mundo, COPE, Libertad Digital...) Albert Boadella, agora Alberto Boadilla? Unha forza que non tiña representación queixándose da súa presenza nos medios, que tería que ter feito o Bloque?
"Ciutadans acabou (e comezado, de feito) sendo un partido que aglutina principalmente a xente que, ben porque a súa residencia en Cataluña sexa temporal, ben porque non desexa integrarse na súa terra de acollida, decide que non ten (nen el nen os seus fillos) porqué coñecer a lingua do lugar, e que fai máis caso das burradas que se din en Madrid sobor de unha suposta discriminación do castelán que da súa propia experiencia diaria, que a nega categóricamente. Faise moi curioso ver como os grandes voceiros da suposta discriminación son persoas que, malia levar 20ou 30 anos vivindo en cataluña, non falan nen unha palabra de catalán, nen parece que o necesitaran nunca para desenvolverse con naturalidade aquí. Eles mesmos son a proba vivinte de que a súa suposta "verdade" é falsa.
Deste xeito, malia que Ciutadans defínese coma un partido de centro-esquerda, a realidade é que acabaron entrando xente cuxo único ponto en común é o españolismo centralista, sexan estes de esquerdas, dereitas ou ultradereitas (que tamén os hai). A proba diso é o manifesto de consenso co que se deron a coñecer, onde caeu a proposta incial (presente en todos os manifestos anteriores) por unha España federal.
O único que suscitan, en resumo, é desterrar do público todo o que teña que ver co nacionalismo (sexa isto cultura, lingua ou calquera outra manifestación), un goberno "laico" no sentido de que sexa aconfesional e non nacionalista. Todo iso sen criticar o nacionalismo castelán implícito no estado Español, con todas as institucións que sustentan dita lingua pagadas por todos os españois. O que non din, ou do que non se dan conta é que se eliminas as ferramentas que ofrece a Generalitat para sustentar a cultura en catalán, mantendo as mesmas estruturas para o castelán, estás condeando a lingua catalá a unha extinción máis que probable, como xa pasou prácticamente con moitas outras linguas peninsulares (bable, leonés, aragonés, etc.).
É unha formulación moi habitual. O señor Francisco de Ayala, pese a ser membro dunha institución pública como a RAE, referente claro da defensa do castelán en España e o resto do mundo, criticaba os nacionalismos, declarándose non nacionalista, por ter as mesmas institucións e devoción pola lingua que el tiña garantido polo estado, aínda que non se dese conta diso. Así é como pensan moitos simpatizantes de Ciutadans.
A realiadad é que, postos a ser equitativos, agora, co novo estatuto, comézase a ter un bilingüísmo real, dese que supostamente reclama Ciutadans. Antes, só o castelán era de obrigado coñecemento. Agora, o son os dous. Temos 4 televisións públicas en Cataluña (TV1, TV2, TV3 e C33), pagadas polos cataláns (as dúas castelás tamén por las demais autonomías) dúas en catalán e dúas en catelán. Exíxese que os servidores públicos coñezan ambas linguas para atender ás persoas na que eles queiran (en moitos casos non era así, especialmente na xudicatura, onde o catalán brillaba pola súa ausencia), etc.
En fin, que hoxe veremos onde acaba esta aventura, por outra banda recurrente na nosa historia (houbo 3 ou 4 precedentes a Ciutadans)."
DANDO MORAL. Chuck Norris viaxou ata Irak para intentar insuflar moral ás tropas estadounidenses. Ganas non lle faltan. Na imaxe, chancea co marine do Exército de EEUU Nathaniel Sapp durante a súa visita á base de Rawah, na provincia da o Anbar. (Foto: EFE) elmundo.es