5.2.06

Que ben estaría

Facerlles mañá o "Umha, Grande e Rachi !!!" do 19-XI-05, xa que Rajoy recollerá firmas o luns na Coruña en contra do Estatut (Faro de Vigo)

Que se fixeran eco nos medios de comunicación estatais da Retranca Galega, da nosa identidade e sobor de todo da nosa CONCIENCIA.

"Francisco Vázquez, patriota español"
"España una y no cincuenta y una"
Menos gallego y más religión"
La masturbación provoca ceguera"
"La virginidad también importa"
"Esto con Fraga no pasaba"
"Como mola la bandera española,
a mí me gusta mucho pero falta el aguilucho"
"Quintana apunta y AMI dispara"
"Selección Gallega, Pin Pan Pun"
"Rojo que vuela, a la cazuela"
"Mas Policia y menos libros"
"En Galicia, en castellano"

Por certo, interesante entrevista a Fraga na Coz, pobriño... "Sobre todo cuando vemos que la actual forma de vida amenaza a las generaciones jóvenes. Yo he vivido los últimos meses en Santiago en medio de la movida. Sé lo que es que te toquen el timbre de tu casa a las cinco de la mañana, mientras oyes a chavales borrachos y chicas borrachas canturreando por la calle soplados."
"Creo que lo mejor que puede hacer(N.Feijoo) es seguir con lo menos malo que hemos hecho hasta ahora en el PP los que estábamos donde está él" está ben recoñecelo, polo menos non?
Actualizado o 7-II-06 O galeguismo de Baltar(pai) Novo Birrete: "usté vai firmar"
http://img141.imageshack.us/img141/728/baltarrajoy2vb.png

Teimas

Perdoade pola demora F.Míguez e Bouzafría, aí van:
-Escribir no blog, visitar algunhas das páxinas da vosa dereita
-Estar moi ao día musicalmente, o Soulseek bota fume
-As mulleres e o xogo da seduzón
-A xolda ou
algueirada, esmorga, festa, foliada, pándega, rexouba, ruada, troula, trouleo...
-Galiza, @s galeg@s e a súa supervivencia como tales
-Procurar o de "vivir en galego"
-Durmir tapado até as orellas, incluso no verán(coa sábana), lembranzas fetais da placenta? unha persoa insegura?
-Borrar tódolos sms ou e-mails unha vez lidos
e unha chea deles máis...
Eu a bola pásovola a tod@s istes 1,2,3 (un pouco chafalleiro), aos que queiran, teñan ganas, aínda non o teñan feito ou me estean lendo.

Tamén me chegaron dous correos ao enderezo electrónico do blog, un xa fai tempo e esquecérame comentalo,
dun servizo vasco de blogs, GuGara(significa en eusquera Nós Somos), "a interface pública está en galego, é dicir o de escribir comentarios, nome, correo eléctrónico, categorias, enlaces, ... está en galego, ademais en GuGara agardamos non censurar blogs aínda que nolo diga o goberno chinés, son as vantaxes de facelo por amor á arte." David Gónzález grazas a colaboración dun galego, David Martínez
O outro, chegoume fai dous días, non sei se é unha brincadeira dalgún de vos, dalgún coñecid@ ou simplemente spam, "De: Amor eterno Para: Meu Grande Amor" nunha postal multimedia que di "O meu melhor presente é você", "Eu te amo" , sendo a última opción agradecereillo a Terra.

2.2.06

Mañá mátanme

Ise é o título que un día poderá escribir no seu blog, Vernon Lee Evans, condeado a morte nos EUA, e ao parecer nas próximas datas. (codigocero.com)
Máis cousas interesantes:
Investigadores galegos descobren un tratamento eficaz para o Alzheimer
"non só se consegue deter este proceso neurodegenerativo, senón que se logra unha recuperación clinicamente significativa de capacidade cognitiva. Segundo o estudo, a recuperación foi de 4,1 puntos na escala ADAS-cog." (Galicia-Hoxe)
Entrevista a John Patrick Thompson, sobor da Guerra Civil en Galiza
Xóvenes upgueiros no bo camiño
(dende fora semella que si)

Volta ás andadas

O mesmo PPdG ou peor
"Feixoo anunciou onte, ao término da reunión do comité de dirección do PPdeG, que os populares realizarán unha campaña de recolleita de sinaturas en Galicia na que consultarán aos cidadáns sobre as implicaciones que o Estatut pode ter para este país. As preguntas versarán sobre se aos galegos preocúpalles dispoñer dos mesmos servizos que cataláns e vascos, e achega de se están de acordo coa España das autonomías ou ben coa das nacións." A Coz
E a parte da manipulación que se emprega nesas preguntas, a fraude que teñen na recollida de sinaturas.
Teremos os galegos a
responsabilidade, o autogoberno e a representatividade dunha nación no novo estatuto? Non nos podemos conformar con menos, Catalunya e Euskadi teñen que ser un referente de mínimos e non de máximos. Xa vai sendo hora de levala iniciativa.

1.2.06

Entrevista ao Fernando Vázquez

A imagem “http://img17.exs.cx/img17/8666/oav0bo.jpg” contém erros e não pode ser exibida.A imagem “http://vieiros.com/imxd/selfutbol_xogadores/imx/1132223046fernando_vazquez.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
Colazo.-Primeiro, os meus parabéns, os puntos e a situación do Celta na táboa están aí. Ao contrario que algúns afeccioados, prefiro no actual esquema de xogo do Celta a Silva. Fíxome graza que algún lle reprochara naquel partido de Balaídos que fora o xogador reemprazado para dar entrada a Gustavo López. Pero en troques, non vexo a Iriney tan fixo no 11 titular.
Fernando Vázquez.-Son opinións de aficionados que respeto. Eu estou aquí sempre, todos os días. Son o entrenador, vexos entrenar, sei como están, tomo as miñas decisións e é a miña responsabilidade. Evidentemente non vou a contentar a todo o mundo, sigo a miña liña, como seguín sempre, escoito as críticas, léoas, ás veces enténdoas ás veces non, pero sigo o meu camiño, entón calquera.. moitos aficionados pensarán distinto a min, actuarían diferente. Pero para eso hai que ser entrenador de fútbol.
C.-Desconcertoume bastante ver tanta novidade no partido de Copa contra o Betis, aínda así o Celta meteu os dous goles da eliminatoría, ¿co Celta da liga seguiríamos na Copa?
F.V.-Esa é unha hipótese que non se pode confirmar, comprobar, porque non podemos volver atrás. Nós non seguimos na Copa porque marcamos un gol en propia porta e porque os árbitros nos expulsan un futbolista inmerecidamente, pero quedamos elimidados marcando dous goles. É case unha pregunta de Trivial... '¿Como un equipo pode quedar eliminado marcando dous goles e o rival ningún?' Nós fixemos dous goles e o Betis non marcou ningún gol e, pola contra, eliminounos. Creo que temos un pouco de mala sorte, por tanto non estou descontento co rendemento do equipo que puxemos aquí na casa o primeiro día, porque, de non ser José Enrique expulsado, posiblemente houbéramos feito máis goles e houbéramos pasado.
C.-¿Que provoca máis rexeitamento no fútbol español actual: saber expresarse ou entrar ao fútbol dende outros ámbitos?
F.V.-Intelixente pregunta... eu creo que as dúas cousas un pouco. O fútbol é un mundo moi especial, moi oscurantista, bastante pechado, e hai situacións que non gustan ou disgustan. E sobre estas dúas reflexionei moitísimas veces.

C.-¿Que che parece a liga inglesa? Ogallá marques unha época no Celta, aínda que eu véxote máis adestrador de Premier. ¿Que soño che gustaría máis: gañala Champions co Celta ou o Mundial con Galiza?
F.V.-Unha é posible, gañar a Champions co Celta, a outra paréceme irrealizable ou imposible de momento. Polo tanto sería moi feliz, sería un soño gañar a Liga de Campións co Real Club Celta de Vigo.
A Premier Leage paréceme unha gran liga, que está gañando moitísimo nivel nos últimos anos, a medida que os clubes están tendo moitos cartos polos contratos de televisións outra vez e están intentando cambiar un pouco o inmovilismo da liga inglesa con adestradores e xogadores fóra das Illas. Polo tanto é un fútbol que está evolucionando no aspecto táctico de xeito importante, xa que penso que estaba un pouco retrasado, era un fútbol un pouco inmovilista, con ideas que, penso, non serven actualmente.


eiquí o resto da entrevista, as outras preguntas non son miñas