Así remata B.Lobeira no polemizado artigo da súa blogue:
"As súas análises sectarias e racistas, a súa manipulación torpe, a súa ignorancia e desprezo co noso, enfin, a súa soberbia antigalega, téñenlle aberto os ollos a máis dun. Obrigado."
Pois si, até no racismo(o outro xa é diario) caen algúns xornalistas e medios de comunicación, galegos e estatais.
En orde decrecente de intensidade, o que eu me teño atopado, só en canto a racismo cos galegos:
"éste conseguirá que cada gallego se pueda casar con su vaca, porque ustedes saben que los gallegos son mucho de la vaca, su pareja de hecho para algunos." Antonio Burgos, ABC"Como buen gallego, Soto se dejó ahorcar sin aspavientos, mostrándose, cuentan, arrepentido, resignado y también algo chulito. Que me quiten lo bailado, debió de decir. O algo así." Arturo Pérez Reverte. Sigo descoñecendo a acepción de "gallego" que escolle este membro da RAE
"También parece que les caracterice cierto despiste. A nadie sorprende que una señora diga «cuidado te vas a caer» cuando el interfecto ya está en el suelo." Especial eleccións galegas de "El Mundo", falando dos galegos
"Yo no me estimo por ser gallego. Me trae sin cuidado. Por el contrario, hago lo normal. Es así: no esputo en la calle; no cuelgo el paraguas de la chaqueta; uso jabón; tengo betún de varios colores; no vivo para comer; cuido que el peso no me pase; no echo la basura en cualquier sitio; procuro no quemar; me ducho como manda la piel (las dos) diariamente; no voceo al hablar; etc., etc. En fin..." Carta ao Director publicada en "El Correo Gallego"A crítica do PPdG cheira a Fraga, a franquismo, só eles poden ter liberdade de expresión, os demais a calar.
En Libertad Digital e a COPE(con licenza esta última do anterior goberno galego para tv en GZ), o racismo, a homofobia, o fascismo e as ameazas aos inmigrantes son unha constante.
Crer estar informado da actualidade, a flashes de titulares televisivos e de xornais de xoguete(tamén chamados gratuítos) está moi xeralizado na sociedade. Hainos incluso que cren na "realidade" que lle conta un tal Jiménez Losantos.
Criticar á Xustiza é defender a De Juana, defender a Oleguer é defender a De Juana, algún amigo chegou a dicirme que indirectamente apoiaba a ETA("100 % con Oleguer" tiña de frase no Messenger !!).
Pois a flashes llo resumo
"Debido ás vantaxes legais vixentes impúxoselle* unha pena de 18 anos polos crimes cometidos." A boa fe, Oleguer Presas"Por suposto, todo é argumentábel, polo dereito e polo revés, pero arrepía pensar que dous textos sirvan, nunca mellor dito, como pretexto para paralizar –por razóns de Estado, de estratexia política, presión mediática ou partidaria–, unha decisión xudicial errada ou impopular, utilizando, con tal fin, unha posesión, esta si sagrada, como é a liberdade de expresión." Polo meu dereito a cagarme en todo, Fran P.LorenzoKelme rescinde o contrato con Oleguer polo seu artigo sobre De Juana Chaos"As vinculacións da contorna de Kelme co Partido Popular sempre foron moi estreitas"(*Impúxoselle unha pena de 3.129 anos, polas "ventaxes legais vixentes" do Código Penal de 1973 no momento da condea, quedaron en 18.)O máis destacábel dos artigos do preso etarra Iñaqui de Juana Chaos"Xuíces prevaricadores, políticos corruptos, profesionais da tortura, carceleiros sen escrúpulos sodes aburridos, cansiños e previsíbeis. Non merecedes nengún respecto nen consideración, nen sequera o mínimo como para coidar o ton desta carta."
"Fai anos escoiteille a un moi apreciado compañeiro berrar con forza «Sacade as vosas sucias mans de Euskal Herria». Si, sacádeas, porque outro camiño só implica máis sufrimento. Ou o futuro terminará demostrando, sen dúbida, que vos quedástedes sen elas." O escudo"A nova política penitenciaria do novo Goberno do señor Rodríguez Zapatero consiste en recuperar ou promocionar aos personaxes de máis triste recordo para os presos en xeral e para o Colectivo de presos políticos vascos en particular. Ou en manter no seu cargo a quen xa cumpren aqueles requisitos.
As expectativas cumpríronse. Ou se cadra me equivoco e os torturadores son capaces de loitar contra a tortura. Experiencia non lles falta. E entón, ata eu sería capaz de imaxinarme á señora Gallizo doutro xeito da que é." Gallizo
De que valería que de Juana "se arrepentira"? Como se demostra? Darémoslle a benvida na xustiza española ao polígrafo, detector e demais supostas máquinas da verdade?"a pesar de que nunha das conversacións telefónicas que lle interviñeron cando estaba en Milán recoñeceu planear o 11-M" "Mohamed O Exipcio" condena tanto os atentados de Madrid como os de Nova York e Londres e recoñece ser un musulmán moi relixioso, "normal", pero non extremistaA nova senteza revisada de 3 anos para de Juana si está en liña coa xurisprudencia, pero esta segue sen estalo coas ameazas da extremo dereita.
Atopei de casualidade o video colgado para ver in situ no soportal do audiovisual galego, unha oportunidade única para ver ao irmán Daniel(e a súa irmá tamén) en movemento.
Este tipo de cousas tiñan que estar máis a man, Daniel é noso.
Unha de cada mil lápidas en castelán nunha poboación que aínda maioritariamente fala galego. A historia(ver descripción do video) que impuxo unha anormalidade(de tantas), falar galego e sen deixar expresada outra vontade ser lembrado en castelán. Quen somos os familiares, os xornais, as funerarias e a Igrexa para facer tal cousa?Na reportaxe d'A Galega, vin o que se podería engadir ao espertar das conciencias, a expresividade, o sentimento, a beleza dun idioma que mantén aos nosos, por sempre vivos.