8.3.06

Xa o pensara eu tamén

Fai uns días comentaba Acedre o do queixo galego en conserva, iste e outros novos productos presentáronse nunha feira alimentaria en Barcelona. No da imaxe sempre cavilaba cando me daba por almorzar torradas con marmelada e manteiga, unha tarefa pouco indicada para quen madruga ou ten presa, polo menos para min. Eu pensara nun bote que botara xa a mistura da manteiga e a marmelada, o que non sei é se estas novas aplicacións de envases xa inventados tamén son patentadas.

3 comentários:

  1. Sempre inventan antes do que pensa un.
    Nesta paxina hai exemplos de inventos chorras e non tan chorras:

    http://www.nopuedocreer.com/quelohayaninventado/

    ResponderEliminar
  2. Hai uns anos, cando andaba rematando a carreira, os de bioloxía da USC inventaran o "tranquigur", o iogur de valeriana.

    ResponderEliminar
  3. Acabo de chegar... ¡qué boa idea!

    ResponderEliminar