9.6.05

Dicionario Inglés-Galego

Dicionario CLUVI

1 comentário:

  1. Hoxe luns 29 de setembro tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da
    Unversidade de Vigo a presentación da segunda edición do Dicionario CLUVI inglés-galego, de consulta libre
    no enderezo http://sli.uvigo.es/dicionario. Trátase dun dicionario de 20.000 entradas e
    30.000 acepcións con cadanseu exemplo de uso real tirado dun corpus de máis de 8 millóns
    de palabras. É o primeiro dicionario inglés-galego de envergadura e vén cubrir un baleiro
    importante na lexicografía da nosa lingua.

    O dicionario está feito sobre o corpus CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de
    Vigo, de acceso libre en http://sli.uvigo.es/CLUVI), e en concreto sobre as súas seccións
    que conteñen textos paralelos inglés-galego: TECTRA (textos literarios), LOGALIZA
    (informática), VEIGA (subtitulación de películas) e UNESCO (texto íntegro do Correo da
    Unesco en inglés, francés, galego e castelán).

    ResponderEliminar