26.11.08

A Policía Nacional celebra as súas vodas de ouro en Galicia

(O titular de enriba liga coa nova de La Voz de Galicia)

2008 - 50 = 1958
Identifícanse estes policías nacionais cos daquela época?

U-la memoria histórica?

"A Xefatura Superior de Policía de Galicia foi creada por decreto o día 31 de outubro de 1958. "

"Un acontece-
mento que gravou a lume aquela presenza na nosa terra foron os sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, cando dous traballadores dos estaleiros Bazán morren por disparos da Policía Armada: trátase de Amador Rei, de 38 anos, casado e pai de catro fillos, e Daniel Néboa, da mesma idade e casado. Outras 36 persoas resultaron feridas, dúas delas moi graves."


"Foron a cara máis visible da ditadura. Golpearon a obreiros, estudantes, políticos, intelectuais e a calquera que saíse á rúa para amagar coa máis mínimo sinal de protesta. Concitaron o odio e a animadversión de varias xeracións de españois que correron diante daqueles homes de uniforme inconfundible que defendían a ditadura a porrazos, cando non a tiro limpo."

"o xefe das sinistras SS hitlerianas, que viñera a este país para colaborar coas autoridades franquistas na organización da nova Policía española."
" O diario Arriba daquel día reclamaba "unha Policía severa e sólida como a existente no III Reich" e indicaba -referíndose ao artífice da solución final, que custou a vida a máis de seis millóns de xudeus- que "con homes como Himmler chegan ao seu cénit os estados fortes". "

Xavier Navaza, Los grises cumplen 50 años. El Correo Gallego

10.11.08

Pódese pasar do petróleo? (II)

O 1-XI-2005 titulaba un post co título "Pódese pasar do petróleo?". Polo que nos contan en El País, parece que si, pero non nos deixan. Sumámonos á insubmisión?
Motor de auga e aceite de fritanga
Un grupo de galegos alíanse en segredo para fomentar alternativas ao petróleo

Actualizado, 26-XI-2008


Who killed The Electric Car(Web)

9.11.08

Que vergoña PSdG !!

"naceu hai un ano e ten varios dirixentes que foron nas listas electorais socialistas. Con todo, a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) recibiu máis de cen mil euros este outubro. Coas subvencións logradas polos seus asociados, a suma é de 622.790 euros, o 54% do que repartiu a Xunta."

"A maioría dos 30 colectivos da FEGAMA foron creados esta lexislatura. A lista de socios é ben curiosa, pois cinco asociacións defínense como “naturistas”, o que popularmente se coñece como nudistas. Varias delas fundadas en lugares inhóspitos para andar espido, como Guitiriz ou Chantada. "

"A Xunta cambiou os criterios das axudas este ano
A FEGAMA acaba de acceder a un gran volume de subvencións, máis de cen millóns das antigas pesetas, xusto despois de que a Consellería cambiase profundamente os criterios da convocatoria. Por exemplo, un dos puntos máis valorados en 2007, “actividades desenvolvidas nos dous últimos anos” desapareceu. A Consellería tamén deixou de valorar outros baremos obxectivos, como o número de voluntarios ou a antigüidade.
A demais, a Xunta lanzou este ano por vez primeira liñas de axudas específicas para federacións; as que só puideron presentarse FEGAMA e FEG. O resultado é que a FEGAMA, sen sumar os seus asociados, recibirá case 180.000 euros. Os seguintes colectivos máis favorecidos na resolución, como a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), non chegan aos 30.000.
"
Un grupo próximo ao PSOE recibe o 54% das axudas. A Nosa Terra

"Non queremos un ecoloxismo fundamentalista e propoñemos unha forma distinta de facer as cousas" Medio Ambiente asigna 622 mil euros para "un ecoloxismo a medida". Vieiros

Ecoloxistas acusan a Medio Ambiente de "amañar" axudas para colectivos afíns. El País

Actualización(17-XI-2008). "É a primeira vez que nos presentamos a unha convocatoria pública e transparente e nas mesmas condicións que outros grupos."
"Levamos anos traballando pero nunca estivemos rexistrados nin saíamos nos medios. Porque todo o faciamos por vocación e ós únicos ós que timaños que renderlle contas era ás nosas familias ou amigos."
Miguel Acuña: "Fuximos do ecoloxismo de laboratorio na busca dun máis próximo ó medio rural e á súa xente" Galicia-Hoxe

Islandia e os USA

Non é unha comparativa, aproveito este post, para gardar estas reportaxes de Islandia e un artigo sobre a educación nos USA e Obama.

Encantaríame unha Galiza á islandesa na educación, na sanidade, na lingua... e até a súa idea de familia. Viña sendo a nº1 no Índice de Desenvolvemento Humano pola ONU.
A ver como sae da crise e das débedas dos seus bancos.
A boa vida. El País
O máis parecido a outro planeta. La Voz de Galicia
O modelo islandés na campaña da Universidade de Vigo,
Europa é plurilingüe, Quen sabe galego sabe máis
O primeiro en caer

Obama e a educación nos Estados Unidos. Eduardo González Viaña, Faro de Vigo
Os límites de Obama. Javier Ortiz, Público

5.11.08

O primeiro presidente negro...

Titular que se repite en tódolos medios, i é tan negro coma branco. Non entendo de xenética, nen me importa se é máis unha cousa ca outra, pero tivo un pai negro e unha nai branca.
Non parece branco? tampouco me parece negro... Ou ten máis importancia non ser branco "puro" a hora de ser ou non ser negro?
É afroamericano? si, por ter unha orixe africana, a do seu pai keniata, pero non p
or ter devanceiros que foran escravos nos USA.(descoñezo se ten outro parentesco coa escravitude ou se do que hoxe é Kenia saíron moitos escravos.A súa muller si)

Si que me parece relevante, saber que un matrimonio coma o dos pais de Obama Jr. ,naquela época era ilegal nalgúns estados dos USA. E o froito desa parella hoxe chegou a presidente. É un paso necesario e simbólico para a historia dese país, e sendo na 1ª potencia, axudará moito na erradicación de tantas discriminacións no mundo, en Galiza tamén.

Tamén me chama a atención, que nos USA, haxa americanos que discriminen aos afroamericanos, cando, quitando aos indios das películas e das reservas, son todos descendentes de colonos. I en Galiza, con máis séculos de historia(xa había galegos antes do "achádego" de Colón e dos propios Reis Católicos), haxa galegos que se esforcen por non parecer galegos. Ignorancia para supramacistas e ignorancia para o autoodio.
A comparación de Xaquín Marín paréceme que si se axusta a algúns galegos
E tamén a de Beiras
(Ver artigo relacionado no Galicia Hoxe)

Tamén compre lembrar a Castelao, que se solidarizou no seu propio exilio cos afroamericanos até ser mesmo nomeado presidente honorario da Federación Mundial de Sociedades de Negros(pola súa amizade cos grupos de Harlem) e por imaxinar xa daquela unha Galiza na que había galegos negros.
"Érase un "habanero" que trouxo un rapaciño negro, como podía traer un papagaio ou un fonógrafo... O "habanero" morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, como calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non-o deixaba vivir alí. E farto de chorar voltou â súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl valeiro e moita ledicia no corazón. Aquel negro era galego"
Debuxos de negros(1939)
Sempre en Galiza(1935-1944)

Que agardo de Obama? Máis esperanza que ilusión. Teríao votado, se algunha vez tivera que votar aos demócratas, (sería das veces máis oportunas) porque o partido con máis votos nun estado, leva toda a representación dos delegados.(Así o 52% dos votos son 349 delegados, e o 46% son 162)
Pero para min non é o mellor modelo de democracia, nen outra onde exista a pena de morte, nen o mellor modelo socioeconómico(nen tan sequera éticamente defendíbel). Poboacionalmente tería que compararme desde a UE.
Por iso non creo que o "change" sexa nen poida ser moito, din que é un demócrata moderado(vai contar no seu equipo co ex-ministro de exteriores Colin Powell). Tampouco creo, sen entrar en conspiranoias, que a política internacional de Bush puidera responder só as súas ocorrencias. O propio McCain se desmarcou del, como símbolo dunhas políticas fracasadas e de aí que teñan que considerar as súas políticas internacionais, sociais i económicas. Moi destacábel a súa felicitación a Obama(nun estado onde aínda hoxe Rajoy falou do Sr.Rodríguez Zapatero, e non do Presidente Rodríguez Zapatero).
Que mal o estará pasando Aznar(que quería pasar á historia así) e o resto da extremo dereita.(España tamén ten a súa Palin, Esperanza Aguirre.)

Aquí deixo o optimista discurso da vitoria

A obamanía que nos vai quedar nas campañas electorais pode chegar a extremos moi ridículos