30.11.06

E aínda seremos nós os choróns

"no 2007 o investimento previsto polo Estado en Madrid será de 436 euros por habitante, en tanto que en Galiza será de 611" IM-PULSO

"Non é que faga números a final de mes, é que ás veces non chego"(100.742 euros ao ano) Periodismo Incendiario

1europaraespe.es

Vaia dende eiquí a miña máis sincera solidariedade cos cen mil euristas...

Os copia e pega, son de dous novos coñecidos, xornalistas galegos. A web de Espe xurde entre o autor de Periodismo Incendiairo e os seus visitantes. Se "La Presidenta" rexeitara a recaudación repartiríase a partes iguais entre a Asociación de Víctimas do 11-M e Attac-España.

29.11.06

Antes queiman e agora mollan?

O fillo do alcalde de Cee é socio nunha constructora da Costa dá Morte
"Varios anuncios na súa páxina web publicitan ademais 27 vivendas situadas na zona do Recheo, un territorio que o municipio gañou ao mar e onde se repetiron as inundacións desde o mes de setembro, ata o punto de que algúns baixos comerciais quedaron inutilizados coma negocios. O mesmo sucedeulle a varios garaxes e sótanos."
Sociedades con acionistas vinculados a cargos do PP

Anteriores: Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona

Quebec e Galiza

O Parlamento canadense aproba que o Quebec "é unha nación"

Na páxina da Rede de Información Xuvenil, dependente da Vicepresidencia de Anxo Quintana(menos mal que isto na radio xa non o volvín ouvir), promociónanse as Forzas Armadas(ver cadro "Areas de información"). Podo chegar a comprender que na Radio Galega paguen a publicidade(porque a pagarán digo eu).
Máis en
GalizaLivre.org

Rectificar é de sabios e tal

27.11.06

Núñez Feijóo e o sangue español

Núñez Feijóo, cecais contaxiado co alzheimer do ex-ministro franquista Fraga esquécese dos 16 anos na Xunta, e dos 8 no goberno estatal do seu partido. E exclama:
"Que les expliquen porqué un nieto o un hijo que tiene derecho a la nacionalidad española no la puede tener y si la pueden tener los africanos del norte(lease moro), los europeos del este(lease rumano) o cualquiera que no tenga sangre española"

A solución é sinxela, todo aquel, que tendo apelido español(Castro, Chávez, Morales...) ou presentando unha mostra de sangue con D.O. española non obteña a nacionalidade, obte pola segunda vía de dicir simplemente que non ten sangue español, obterá de modo ipso facto a tan prezada nacionalidade...
Ogallá os inmigrantes, por exemplo, os máis de 400.000 ecuatoriáns que sosteñen boa parte da calidade de vida dos madrileños, a través dos seus traballos precarios, ademáis de papeis tamén tiveran a nacionalidade española para poder votar. Aí si que fan falla uns Ciudadanos.

26.11.06

Galiza, un país rico de pobres

Triste país o noso, un artigo cunha trascendencia máis ampla e profunda que a equiparación do galego co castelán en dereitos e deberes e a defensa da súa proxeción internacional.
E por outra parte, pouco podemos agardar de quen prefire abrazarse ao ex-ministro franquista antes que de estar orgulloso do seu avó.
¡Viva Rajoy!, outro gran artigo, dista de Manuel Rivas.
O artigo de Miguel Anxo Fernán-Vello lembroume a fábula que atopara na Guía dos peixes de Galicia(ed.Galaxia)
SOLLO REI, Acipenser sturio, Linnaeus, Esturión

"En Galicia foi antano tan abundante que no Miño, por tomar un exemplo, chegouse a usala súa carne como abono, e os seus ovos, que hoxe constitúen o prezado caviar, como comida para os porcos. Hoxe practicamente está extinguido dos nosos ríos"

25 de Novembro

"O que sinto eu é que algún que maltratou a miña nai morra denantes de que eu chegue a home."

Aparace o cadáver dunha muller flotando cerca do estaleiro de Barreras

O 23 de Novembro en Capitol

O 3º directo de CatPeople ao que acudo en menos de 6 meses, e antes de que remate o ano estaremos na Iguana... Non son un freak da banda, pero a amizade cun compoñente e a escusa para tocala noite salamantina e compostelana é un plus ;-)
O seu directo gañou moito dende o día de Castrelos, cos Pet Shop Boys, vai rodado, e é que tamén rodaron moitos Km.
O que máis me gostou, aínda que en Capitol o son estivo perfecto, foi o da sala Potemkim, un concerto máis cálido, case que en familia. Ademáis tiveron de teloneiros a outros coñecidos vigueses, Why Go, moito máis difíciles de chegar ao gran público, pero como dixo o Bruxo de Arteixo, "non vai ser todo fútbol". Teñen temas que a min góstanme moito, o seu próximo disco pode dar que falar.
CatPeople está tocando algúns temas novos, un moi potente, cun comezo rompedor, Cohaagen, inspirada na película Desafío Total.
O sábado volveron entrevistalos no Estrarradio(min. 34:46) da Radio Galega.

Despois deles tocaron Delorean, só me soaba o seu nome, en parte porque non chegara a velos o día de Franz Ferdinand en Vigo, grupo este último que un amigo definira coma "El Canto del Loco Inglés", e pecando un pouco de snobismo, valórollo.
Os vascos Delorean gostáronme, intensos, a voz do cantante, o bo emprego dos teclados e sintetizadores... A música que me gosta ouvir de carallada.
Metropolitan Death

Add to My Profile | More Videos

23.11.06

Ironías da vida

Bush perdoa ao pavo
"Nesta ocasión os afortunados foron absoltos dous pavos, chamados Flyer e Fryer, que vivirán nunha granxa o resto da súa vida ata que chegue o día da súa morte natural.
Esta celebración provén dos tempos en que Abraham Lincoln era presidente. "

21.11.06

Pero non eran consecuencia dos lumes?

"Paréceme incomprensíbel que logo de todo o que traballamos no río, volveuse a producir unha inundación, deberemos seguir ao choio para atopar unha solución definitiva"
Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona polo PP.

E relacionado co tema
"
Tanto Endesa como Unión Fenosa optaron por reducir as emisións de CO2 en países en vías de desenvolvemento, fundamentalmente de Latinoamérica. Invisten en proxectos enerxéticos medioambientalmente eficientes e o dióxido de carbono que lle aforran á atmosfera desde alí, compénsalles o que sobrepasan en Galicia. A procedencia das emisións é indiferente á hora de frear o efecto invernadoiro."

"A central térmica das Pontes (de Endesa) recibiu a segunda maior cota de CO2 de todas as empresas españolas que están afectadas polo Protocolo de Kioto, detrás das siderúrxicas de Aceralia en Xixón e Avilés. Debería emitir 8.058.215 toneladas en 2005, pero en realidade lanzoulle á atmosfera 9.324.833. En proporción, Meirama foi a que máis se pasou. A súa asignación era de 2.786.379 toneladas e emitiu 4.221.684."

"Aínda que o prezo varía, ás multinacionais sáelles mellor que comprar CO2 nos mercados que funcionan en Europa ou que pagar as multas por non cumprir Kioto, a 40 euros por tonelada."

"un parche para maquillar"

Próxima estación, o cárcere?

«Roma no es mi estación Termini»
"Distribuí responsabilidades siempre pensando en La Coruña, Marón en Madrid, Méndez Romeu en Santiago, Moreda en la Diputación y Javier Losada, que es el más capacitado y preparado para ser un gran alcalde de la ciudad." 12/02/2006

Anticorrupción investiga empresas enerxéticas vinculadas a Vázquez 20/11/06

E aínda ten os seus seguidores...
A imagem “http://static.flickr.com/117/301949534_df2fbfb490.jpg?v=0” contém erros e não pode ser exibida.

18.11.06

"Se le enamora el alma"

"Se me enamora el alma,
Se me enamora,
Cada vez que te veo
Doblar la esquina
Perfumado de albahaca y manzanilla.
Se me enciende la luna cuando me miras.
Se nos ha hecho tarde."

"Se nos ha hecho tarde
Tu sonrisa y la mía se las llevo el rió.
Tu mirada y la mía se hicieron gaviotas
Y volaron al aire
Y volaron al aire."

"El fuego esta encendido

El fuego esta encendido
El fuego esta encendido
La leña arde(.pdf)."

"Se me enamora el alma", Isabel Pantoja

17.11.06

Outra de La Coz

Dunha iniciativa(aprobada por unanimidade) do BNG para pór en marcha un programa de galeguización dos actos funerarios, La Coz saca un artigo de título "Arrastrar el gallego hasta la sepultura".
Que noxo de xornais "galegos", e despois na rúa sempre os hai que din que xa non queda auto-odio. A indecencia xa é máxima cando a censura non existe para cartas ao director coma ista

Para cando unha ONG de psicólgos e psiquiatras?

15.11.06

Nación, por se acaso

"Non se trata, como algúns cren, de se somos ou non unha nación, senón de se nos convén selo. "

"Con queixumes, añoranzas e queixas non se cambia o feito de que a palabra xa forma parte da lexislación do Estado, unha vez que o Estatuto de Cataluña foi aprobado."

"¿Suporá un privilexio, unha distinción? Non o sabemos. É esa incerteza a que fai necesario que Galicia teña tamén no preámbulo o seu seguro. ¿Somos nación? Quen o sabe. O esencial é que interesa parecelo. Por se acaso. "

A este abraiante artigo de "El Correo Gallego" só podo contestarlle co título do 2º capítulo do martes da serie reposta n'A Galega, Magnum: "Aínda ben que hai raparigas pequenas e grandes". Menos é nada...

12.11.06

Evolución?

A imagem “http://www.arquitecturagalega.net/imxforos/hotel_mercado_laxe.jpg” contém erros e não pode ser exibida.A imagem “http://www.arquitecturagalega.net/imxforos/hotel_mercado_laxe_recente.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
Nostalxia arquitectónica. Realmente evolucionamos? (Arquitectura Galega)














"A familia do ultraconservador senador republicano Rick Santorum, abatida mentres este admite a súa derrota ante a prensa"
Escolar.net

8.11.06

Jogos da Lusofonia, reclaman a presenza galega

Xa o publicara no chuza!
"Belíssima cerimônia de abertura. Só faltou a Galiza, na minha opinião a mais importante, pois lá nasceu a língua portuguesa."

"
A Galiza devia marcar presença (participam, por ex., Sri Lanka, Índia, Guiné Equatorial). Mas, desgraçadamente.."
"
Sim...e espero que a Galiza possa aderir aos jogos, pois países que quase nada têm a ver com a lusofonia fazerm parte desses jogos. O idioma de Camões nasceu na Galiza e os galegos não podem fazer parte das competições...surreal."

3.11.06

CIU-ERC

Esperanza ou decepción?
Mañá se podo, dou a miña opinión que coincide co "
Penso que despois destas eleccións hai unha sólida maioría nacionalista que debe gobernar" de Quintana, ao igual que nas anteriores elecións.

Hoxe copio e pego. Ollo á foto de Artur Mas escollida por "La Razón". Hai un xornalismo que se descalifica a si mesmo, só vale para hooligans. (El Mundo, COPE, Libertad Digital...)

Albert Boadella, agora Alberto Boadilla?
Unha forza que non tiña representación queixándose da súa presenza nos medios, que tería que ter feito o Bloque?

Comentario sobor de Ciutadans dun tal
javierb na blogue PeriodismoIncendiario.com.

"Ciutadans acabou (e comezado, de feito) sendo un partido que aglutina principalmente a xente que, ben porque a súa residencia en Cataluña sexa temporal, ben porque non desexa integrarse na súa terra de acollida, decide que non ten (nen el nen os seus fillos) porqué coñecer a lingua do lugar, e que fai máis caso das burradas que se din en Madrid sobor de unha suposta discriminación do castelán que da súa propia experiencia diaria, que a nega categóricamente. Faise moi curioso ver como os grandes voceiros da suposta discriminación son persoas que, malia levar 20ou 30 anos vivindo en cataluña, non falan nen unha palabra de catalán, nen parece que o necesitaran nunca para desenvolverse con naturalidade aquí. Eles mesmos son a proba vivinte de que a súa suposta "verdade" é falsa.

Deste xeito, malia que Ciutadans defínese coma un partido de centro-esquerda, a realidade é que acabaron entrando xente cuxo único ponto en común é o españolismo centralista, sexan estes de esquerdas, dereitas ou ultradereitas (que tamén os hai). A proba diso é o manifesto de consenso co que se deron a coñecer, onde caeu a proposta incial (presente en todos os manifestos anteriores) por unha España federal.

O único que suscitan, en resumo, é desterrar do público todo o que teña que ver co nacionalismo (sexa isto cultura, lingua ou calquera outra manifestación), un goberno "laico" no sentido de que sexa aconfesional e non nacionalista. Todo iso sen criticar o nacionalismo castelán implícito no estado Español, con todas as institucións que sustentan dita lingua pagadas por todos os españois. O que non din, ou do que non se dan conta é que se eliminas as ferramentas que ofrece a Generalitat para sustentar a cultura en catalán, mantendo as mesmas estruturas para o castelán, estás condeando a lingua catalá a unha extinción máis que probable, como xa pasou prácticamente con moitas outras linguas peninsulares (bable, leonés, aragonés, etc.).

É unha formulación moi habitual. O señor Francisco de Ayala, pese a ser membro dunha institución pública como a RAE, referente claro da defensa do castelán en España e o resto do mundo, criticaba os nacionalismos, declarándose non nacionalista, por ter as mesmas institucións e devoción pola lingua que el tiña garantido polo estado, aínda que non se dese conta diso. Así é como pensan moitos simpatizantes de Ciutadans.

A realiadad é que, postos a ser equitativos, agora, co novo estatuto, comézase a ter un bilingüísmo real, dese que supostamente reclama Ciutadans. Antes, só o castelán era de obrigado coñecemento. Agora, o son os dous. Temos 4 televisións públicas en Cataluña (TV1, TV2, TV3 e C33), pagadas polos cataláns (as dúas castelás tamén por las demais autonomías) dúas en catalán e dúas en catelán. Exíxese que os servidores públicos coñezan ambas linguas para atender ás persoas na que eles queiran (en moitos casos non era así, especialmente na xudicatura, onde o catalán brillaba pola súa ausencia), etc.

En fin, que hoxe veremos onde acaba esta aventura, por outra banda recurrente na nosa historia (houbo 3 ou 4 precedentes a Ciutadans)."

2.11.06

Aguantará Balaidos?

Coa volta dos Suevos, os do Eintracht Frankfurt, non os de Arteixo

Fixástesvos como se move até o formigón das bancadas?

Por que non se pasa el á ación?

E abandoa a fición

DANDO MORAL. Chuck Norris viaxou ata Irak para intentar insuflar moral ás tropas estadounidenses. Ganas non lle faltan. Na imaxe, chancea co marine do Exército de EEUU Nathaniel Sapp durante a súa visita á base de Rawah, na provincia da o Anbar. (Foto: EFE) elmundo.es

1.11.06

Casualidade? coherencia?

Tres post máis abaixo dixera: "O adxetivo de "histórica" engadido á verba "nacionalidade" a parte de non vir na constitución, pode darlle un senso limitado á existencia da nación galega no tempo. De engadir algo, nomearía ás outras nacións sen estado(Euskadi e Catalunya), non para sermos a 1ª División, para definir dunha vez as 3 nacións sen estado, e que pola súa identidade precisan dunhas competencias propias e dunha representatividade internacional."
Carlos Aymerich: "Xa non ten sentido dicir que somos unha nacionalidade histórica. Ese termo utilizouse no 81 polo Estatuto do 36, pero agora non ten sentido. Debe ir nacionalidade a secas"

O termo constitucional de nacionalidade podería oficializarse individualmente? Galiza nacionalidade si, por que non un DNI galego?
O BNG ten que amosar o contraste da súa lóxica e coherencia cos baralles das dúas nacionalidades(unha propia, outra allea e imposta?) que di Feijoo que temos os galegos
ou coas declaracións de mesmo Fraga.
¿Pero se va en camino de la ruptura de España?
Alguien lo ha intentado. Galicia es la segunda autonomía en número de facultades (sólo detrás de Cataluña) y por ese camino hay que seguir, siendo una nación gallega en un Estado plurinacional.
¿Nación?
Nación, no. Nacionalidad histórica. Lo contrario sería reformar la Constitución.
Se o Tribunal Constitucional admite o termo nación do estatut catalán ao PP xa non lle queda argumento algún. Só a testarudez facha, o BNG ten que visualizar isto á sociedade galega e se fai falla movilizala.

Chega a televisión para os fachas

Un exemplo de impparcialidade...
Llega la televisión que unos estaban deseando ver.
(Aznar)
La televisión que a otros no les va, ni les viene. La televisión que a algunos les inquieta.
La televisión que a algunos les deja sin palabras. (Políticos do PSOE, ICV, CIU)
Una televisión basada en los valores. Nace la televisión que estabas esperando
(Políticos do PP)

Tenemos licencias de Televisión Digital Terrestre en 11 demarcaciones de 3 comunidades autónomas: Madrid, Valencia y Murcia. Comunidades autónomas prósperas y en contínuo crecimiento económico. La 1ª y la 3ª ciudad de España, las regiones del país donde se crea más empleo y donde más se innova. Casi 10.000.000 de tele-espectadores potenciales localizados en áreas altamente desarrolladas y de gran expansión democrática (CA gobernadas polo mesmo partido que lles deu a licencia de TDT)

O cambio climático(algún galego o dubida?) negado polo medio racista, homófobo e franquista xa fora recoñecido e alertado pola NASA, agora tamén o fai o goberno británico de Tony Blair.

En Galiza imos tragar coa TV da COPE que nos deixou Fraga?